Boas!
Xa temos outras tres actividades realizadas. Nesta ocasión utilizamos a ferramenta Hotpotatoes que nos ofrece a posibilidade de crear cinco tipos de actividades diferentes:
- JCloze: Para encher ocos nun texto no que faltan palabras.
- JCross: Para facer crucigramas.
- JMatch: Para emparellar palabras, frases ou imaxes.
- JMix: Para ordear as palabras dun texto que están descolocadas.
- JQuiz: Para realizar cuestionarios tipo test.
Para poder xuntar as actividades elaboradas e realizalas na web ten a ferramenta Masher, que ademáis permite algunhas configuracións persoais para a visualización no navegador.
No noso caso escollemos JCloze, JCross e JMatch para realizar actividades sobre temas transversais como son o medio ambiente, a seguridade viaria e o uso das tecnoloxías da información e a comunicación. Con JCloze elaboramos un texto sacado de unha noticia de un xornal sobre a contaminación dos rios en España. A proposta é que os alumnos e alumnas lean primeiro a noticia e despois fagan a actividade completando os ocos coas palabras axeitadas. Con JCross propoñemos un crucigrama coa temática da seguridade viaria e por último con JMatch elaboramos unha actividade de emparellar conceptos de riscos das TIC con imaxes representativas das mesmas.
Podedes ver e realizar as actividades a través do seguinte enlace.
No hay comentarios:
Publicar un comentario