sábado, 31 de marzo de 2018

ACTIVIDADES MULTIMEDIA CON EDUCAPLAY

Tal e como vos adiantei na última entrada traiovos tres actividades multimedia realizadas con Educaplay. As tres están directamente relacionadas coa redacción de novas xornalísticas. Os obxectivos das actividades son que os alumnos aprendan a identificar as partes e estructura dunha nova, a redactar diferentes tipos de novas e que distingan os diferentes tipos de xéneros xornalísticos. As ferramentas escollidas foron as seguintes:

1. Un mapa interactivo no que deben marcar cada unha das partes dunha nova.
2. Unha actividade de completar sobre as características dos diferentes xéneros xornalísticos.
3. Un test sobre a labor xornalistica en xeral e sobre os xéneros en particular.

As actividades están deseñadas para ser realizadas despois de leer e traballar na aula con diferentes materiais. Na actividade de completar e na do test, por exemplo, débese traballar previamente coa información do seguinte artigo: Géneros periodísticos: crónica, noticia, reportaje, entrevista de portaleducativo.net

Penso que estos contidos e actividades axudarían moito ao alumnado para a creación de carlquer xornal ou revista escolar dixital. Ben, pois sen máis aqui tedes as actividades, espero que vos gusten!

lunes, 19 de marzo de 2018

POSTER DIXITAL EDUCACIÓN EN VALORES


Hola de novo!

Por fin está listo o póster dixital de Educación en Valores cos recursos dixitais seleccionados e que vos comentei na entrada anterior. Con está ferramenta poderemos presentar aos nosos alumnos e alumnas ás actividades dun xeito atractivo e moi visual. A busca de recursos foi unha tarefa dura pero permitiume descubrir moitos recursos que non coñecía e con moitas posibilidades para traballar na aula. Todavía teño que estudar como vou integrar estos recusros no proxecto do xornal transversal pero dun xeito ou doutro penso que vai quedar ben. Unha das ideas que teño e relacionar novas sobre a temática que trata cada un dos recursos escollidos, así poderíamos leer a noticia e despois acceder ao recurso sobre ese tema transversal e realizar as actividades propostas.



Non vos perdades a vindeira entrada xa que poderedes ver tres actividades realizadas con diferentes ferramentas que nos ofrece Educaplay. Non tardarei!


viernes, 16 de marzo de 2018

ANÁLISE DE RECURSOS DIXITAIS

A primeira acividade que realicei ao marxe da creación do blog foi a búsqueda e análise de recursos dixitais relacionados coa temática do meu proxecto que como xa sabedes é a Educación en Valores. 

Non me resultou sinxelo atopar recuros axeitados e levoume tempo pero finalmente seleccionei catro para o seu análise. Unha das webs de recursos coñecina gracias aos profesores, tratase de Educaplay e nela puiden atopar algúns recursos interesantes relacionados co meu tema polo que escollín dous deles. A outra, de recursos educativos dixitais do Gobierno de Canarias,  foi todo un descubrimento pola cantidade de recursos que contén e nela encontrei unha webquest que me pareceu moi interesante e que tamén seleccionei. Por último seleccionei un xogo online moi interesante. A continuación podedes consultar os recursos que seleccionei.

Xogo Online "eSafety Kit"

Videoquiz "Puente"

Webquest "La contaminacoión acústica"

"Mosaico de Violencias"


REVISIÓN PROXECTOS

Xa fai unhas semanas que comecei a realizar ás actividades propostas polos profesores. En vindeiras entradas irei informado das actividades realizadas e que servirán dun xeito ou outro para a realización do proxecto final do Xornal Transversal. Pero antes diso quería comentar a revisión inicial sobre a documentación de consulta que nos proporcionaron os profesores. Como xa elexira o proxecto a realizar centreime na carpeta "Periódico Digital" que contén un total de oito enlaces de axuda.

O primeiro é un blog no que se explican cinco ferramentas para a creación de xornais ou revistas dixitais. Das cinco eu soamente coñecía dúas delas, Calameo e Issuu, pero a única coa que traballei foi Issuu. De Issuu podería decir que me gustou pero quizais non sexa o formato máis atractivo para utilizar na escola, polo que vou a explorar máis en profundidade o resto.

Hai máis enlaces sobre como facer un xornal escolar, programas de maquetación... pero o que me pareceu máis interesante son os artigos para o profesorado que contén o portal de educación da Junta de Castilla y León, asi que anímovos a que os consultedes.


E para os alumn@s que queiran participar nun proxecto de xornal escolar recomendaríalle a páxina sobre a prensa do Ministerio de Educación.


Na seguite entrada do blog falareivos da procura de recursos dixitais que realicei en relación o proxecto do xornal transversal e da analise que realicei de catro en concreto. Ata pronto! O Xornal Transversal esta en marcha!

DESPEDIDA E REFLEXIÓN FINAL

Ben pois ata aquí chegou a andaina deste proxecto así que toca despedirse. O tempo pasou voando e a actividade foi frenética, case non me c...