sábado, 31 de marzo de 2018

ACTIVIDADES MULTIMEDIA CON EDUCAPLAY

Tal e como vos adiantei na última entrada traiovos tres actividades multimedia realizadas con Educaplay. As tres están directamente relacionadas coa redacción de novas xornalísticas. Os obxectivos das actividades son que os alumnos aprendan a identificar as partes e estructura dunha nova, a redactar diferentes tipos de novas e que distingan os diferentes tipos de xéneros xornalísticos. As ferramentas escollidas foron as seguintes:

1. Un mapa interactivo no que deben marcar cada unha das partes dunha nova.
2. Unha actividade de completar sobre as características dos diferentes xéneros xornalísticos.
3. Un test sobre a labor xornalistica en xeral e sobre os xéneros en particular.

As actividades están deseñadas para ser realizadas despois de leer e traballar na aula con diferentes materiais. Na actividade de completar e na do test, por exemplo, débese traballar previamente coa información do seguinte artigo: Géneros periodísticos: crónica, noticia, reportaje, entrevista de portaleducativo.net

Penso que estos contidos e actividades axudarían moito ao alumnado para a creación de carlquer xornal ou revista escolar dixital. Ben, pois sen máis aqui tedes as actividades, espero que vos gusten!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DESPEDIDA E REFLEXIÓN FINAL

Ben pois ata aquí chegou a andaina deste proxecto así que toca despedirse. O tempo pasou voando e a actividade foi frenética, case non me c...