sábado, 28 de abril de 2018

ACTIVIDADE MULTIMEDIA CON MINDMEISTER: MAPA CONCEPTUAL

Hoxe preséntovos a última actividade multimedia das que integran o meu proxecto, trátase dun mapa conceptual creado con Mindmeister. Mindmeister é unha ferramenta para xenerar mapas mentais en liña que permite capturar, desenvolver e compartir ideas de forma visual. O contido escollido é un dos temas transversais que me faltaban por abordar, o emprendemento e a iniciativa empresarial. O mapa está organizado de xeito que sirva como guía para presentar o concepto de emprendemento e que o profesor poida explicar a súa definición, os pasos a seguir para emprender, conceptos relacionados co emprendemento e por último invitar aos alumnos e alumnas a deseñar a súa propia idea ou proxecto emprendedor.

Aquí tendes a ligazón ao Mapa Conceptual "Emprender"



Mindmeister resultoume sinxelo de manexar, cunha estética bonita e limpa e con boas opcións de traballo. A única obxección é que a versión gratuita "Basic" non permite utilizar tódalas funcionalidades. Por un lado permitiume insertar un video pero pola contra non me deixou integrar imaxes dende o meu equipo. Destacaría a posibilidade de realizar unha presentación coa que ir expoñendo o mapa.

De tódolos xeitos penso que o resultado final non está mal. Como aplicación didáctica trala presentación do mapa plantexase que os alumnos pensen e deseñen un proxecto emprendedor que lles gustaría poñer en marcha. Para recoller os datos coas características do seu proxecto entregaríamoslle unha ficha coma esta.


Ben pois na seguinte entrada presentarei por fín a edición en formato de xornal dixital de O Xornal Transversal, no que se recollerán todalas actividades realizadas e novas relacionadas coa temática das mesmas. Ata pronto!

martes, 24 de abril de 2018

CAZA DO TESOURO

A continuación podedes acceder a outra das actividades realizadas para o xornal transversal que tiña pendente de compartir aquí no blog. É unha Caza do Tesouro chamada "No Violencia" na que se tratan cuestións como os tipos de violencia, os estereotipos de xénero e as emocións e actitudes positivas e negativas que conducen á violencia ou a non violencia. Espero que vos guste!


RECURSOS AUDIOVISUAIS

Nesta entrada traiovos duas ferramentas que realizara para o proxecto e que me quedaran sen publicar no blog. Trátase dun videoquiz co se traballa a diversidade funcional e a empatía. O video escollido titulase "El cazo de Lorenzo". Cheguei a este video a través dun concurso escolar da ONCE sobre diversidade que contiña unha proposta de unidade didáctica para traballar este tema e preparar o concurso. O video encantoume desde a primeira vez que o vin e pareceume moi axeitado para o meu proxecto do Xornal Transversal. Grazas a ferramenta videoquiz de educaplay puiden insertar preguntas en determinados momentos do video para axudar a súa comprensión. Aquí o tedes



A outra ferramenta é un Voki, un personaxe animado que fala, deseñado ao gusto de cada un. Escollino porque me pareceu interesante para presentar contidos concretos de forma breve e divertida para o alumnado de primaria. Ademáis é unha ferramenta de uso sinxelo que poderían usar despois os alumnos e alumnas creando o seu propio Voki e poñendolle a súa voz. A continuación podedes velo


domingo, 22 de abril de 2018

ACTIVIDADES MULTIMEDIA CON EDILIM

Xa están listas as últimas actividades multimedia do proxecto. Nesta ocasión utilicei a ferramenta Edilim. Trátase de duas sinxelas actividades en formato de libro multimedia interactivo para traballar a igualdade de xénero e a diversidade cos cativos. 

A primeira é unha actividade de clasificar texto. Contén descripcións de diversas situacións ou actitudes que deben clasificarse segundo sexan consideradas igualitarias ou non. A páxina permite arrastrar co rato cada unha das descripcións textuais para colocala na columna escollida.



A segunda actividade consiste en identificar imaxes sobre diferentes tipos de diversidade asociando a descripción con cada imaxe. A páxina permite arrastrar co rato cada unha das descripcións textuais para colocalas debaixo das imaxes.


Como vantaxes de Edilim destacaría os numerosos tipos de páxinas que ofrece e a presentación das actividades para realizalas. Como desvantaxes diría que non resulta visual e intuitivo o proceso de elaboración das actividades, penso que debería ser máis sinxelo.

Ben, pois con isto xa temos tódolos contidos para a elaboración do xornal transversal en formato de xornal dixital así que pronto poderedes consultalo. 

miércoles, 4 de abril de 2018

ACTIVIDADES MULTIMEDIA CON HOTPOTATOES

Boas!

Xa temos outras tres actividades realizadas. Nesta ocasión utilizamos a ferramenta Hotpotatoes que nos ofrece a posibilidade de crear cinco tipos de actividades diferentes:

- JCloze: Para encher ocos nun texto no que faltan palabras.
- JCross: Para facer crucigramas.
- JMatch: Para emparellar palabras, frases ou imaxes.
- JMix: Para ordear as palabras dun texto que están descolocadas.
- JQuiz: Para realizar cuestionarios tipo test.

Para poder xuntar as actividades elaboradas e realizalas na web ten a ferramenta Masher, que ademáis permite algunhas configuracións persoais para a visualización no navegador.

No noso caso escollemos JCloze, JCross e JMatch para realizar actividades sobre temas transversais como son o medio ambiente, a seguridade viaria e o uso das tecnoloxías da información e a comunicación. Con JCloze elaboramos un texto sacado de unha noticia de un xornal sobre a contaminación dos rios en España. A proposta é que os alumnos e alumnas lean primeiro a noticia e despois fagan a actividade completando os ocos coas palabras axeitadas. Con JCross propoñemos un crucigrama coa temática da seguridade viaria e por último con JMatch elaboramos unha actividade de emparellar conceptos de riscos das TIC con imaxes representativas das mesmas.

Podedes ver e realizar as actividades a través do seguinte enlace.


DESPEDIDA E REFLEXIÓN FINAL

Ben pois ata aquí chegou a andaina deste proxecto así que toca despedirse. O tempo pasou voando e a actividade foi frenética, case non me c...