jueves, 10 de mayo de 2018

DESPEDIDA E REFLEXIÓN FINAL

Ben pois ata aquí chegou a andaina deste proxecto así que toca despedirse. O tempo pasou voando e a actividade foi frenética, case non me creo todo o que fixemos nesta materia durante un cuatrimestre. 

A miña incorporación tardía ás clases fixo que tivera que pisar o acelerador e cando me conseguía poñer ao día xa tiñamos enriba novas actividades así que non se podía parar. Aínda que desde un principio tiven claro o proxecto que quería levar a cabo non tiña tan claro como facelo e se me saíria ben pero pouco a pouco foi collendo forma e cun sprint final conseguín elaborar un xornal dixital que ata a min mesmo me sorprendeu polo que estou moi contento e satisfeito co resultado.

A experiencia foi moi positiva porqué me permitiu coñecer multitude de recursos educativos e mellorar no meu dominio con diferentes ferramentas TIC como o propio blog e os recursos utilizados. Ao mesmo tempo resultoume díficil manexar a gran cantidade de contidos e informacións facilitados polos mestres, gustaríame poder afrontalo con máis calma para explorar tódalas posibilidades e non tan á presa como tivemos que facer. 

Como futuro docente penso que será imprescindible manterse ao día coas Tecnoloxías da Información e a Comunicación xa que os avances neste senso dánse a unha gran velocidade e os profesores non podemos ir a remolque ou por detrás dos propios alumn@s.

Por último agradecer o apoio recibido tanto dos mestres como dos compañeir@s e espero que vos gustara o traballo realizado e que vos servira para ter novas ideas para a práctica docente.

Un saúdo e ata outra!

EXPOSICIÓNS DOS PROXECTOS NA AULA

Esta semana remataban ás clases e tocaba expoñer os proxectos realizados. Foi unha gran experiencia coñecer os proxectos dos compañeiros e compañeiras xa que houbo temas moi diversos e multitude de actividades realizadas. No meu grupo houbo os segiuintes proxectos:
- Unha secuencia didáctica con PDI para alumnado con Transtornos do Espectro Autista (TEA)
- Tres revistas dixitais sobre ás intelixencias múltiples, os hábitos de vida saudables e a educación física.
- Un ebook sobre ás Ciencias Naturais.

Penso que todos son interesantes e viables para aplicar na práctica docente. Tamén quería destacar o dominio demostrado polos compañeir@s das diferentes ferramentas e recursos empregados así como a súa creatividade plasmada nos contidos das actividades propostas e no deseño e apariencia das presentacións e dos propios proxectos.

Noraboa a tod@s! Seguro que os profesores saberán valorar o esforzo e bo facer.

EXPOSICIÓN PROXECTO

Boas!

Na xornada de onte presentei ante os compañeir@s e profesores o proxecto final, a edición dixital de O Xornal Transversal. Para elo utilicei un recurso que agora comparto con tod@s vós, trátase dunha presentación de google con nove diapositivas que me serviu de apoio para explicar o proxecto e expoñer qué fixen, por qué o fixen e cómo o fixen ademáis de unha valoración persoal final.

Espero que vos guste e vos axude a valorar o traballo realizado. Saúdos e ata pronto!

INFORME FINAL PROXECTO

Hola de novo!

A continuación deixovos a ligazón co informe final do proxecto de prácticas de Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación Primaria. Nel explícase de xeito máis completo o traballo realizado recolléndose a xustificación, o contexto para o que foi deseñado, encadre curricular, resumo das actividades realizadas, conclusións e referencias bibliográficas.

INFORME FINAL PROXECTO O XORNAL TRANSVERSAL

XORNAL ESCOLAR DIXITAL

Hola amig@s!

Despois de unhas semanas de intenso traballo, hoxe por fin vos traio o resultado final do proxecto de O Xornal Transversal. A ferramenta que elexín finalmente para a elaboración do xornal dixital foi MadMagz. Non me resultou fácil atopar unha ferramenta que se adaptase ó que pretendia facer e que o mesmo tempo fose sinxela de manexar, tampouco dipoñía de moito tempo para aprender a manexar outras ferramenta máis complexas así que esta resultoume ideal. Estou moi satisfeito co resultado final, a continuación vou explicar un pouco a estructura e contido do xornal para que o comprendades mellor cando o leades.

Pero antes teño que decir que o xornal está realizado coa versión gratuita polo que as ligazóns incluidas no xornal (que son bastantes) non están activas, para elo sería preciso pagar para activar a versión Premium. Quería aclaralo e que saibades que xornal contén ligazóns para a realización de tódalas actividades, para ler as noticias completas ou para ampliar informacións pero que non están activas.

Ben, dito esto, expoñovos a estructura e contidos do xornal:
- Portada.
- Sumario.
- Póster dixital.
- Actividades de introducción en relación á actividade xornalística.
- Novas e actividades sobre diferentes temas transversais.
- Contraportada: Última actividade realizada, un mapa mental.

Con esa estructura recóllense os seguintes contidos:
1. Actividades multimedia realizadas durante o curso:
- Póster dixital.
- Actividades audiovisuais: Videoquiz eVoki.
- Caza do Tesouro: Con Google Sites
- Actividades multimedia interactivas: Educaplay, Hotpotatoes e Edilim
- Mapa Mental: Con Mindmeister
2. Novas de medios de comunicación dixitais relacionadas coas actividades realizadas sobre temas transversais.
3. Os temas transversais tratados son: Diversidade, violencia, medio ambiente, seguridade vial, riscos TIC, igualdade e emprendemento.

Pois aquí o tendes, espero que vos guste. Nas seguintes entradas subirei un documento co informe final do proxecto e a presentación elaborada para expoñelo na aula. Ata pronto!


A mag created with Madmagz.

DESPEDIDA E REFLEXIÓN FINAL

Ben pois ata aquí chegou a andaina deste proxecto así que toca despedirse. O tempo pasou voando e a actividade foi frenética, case non me c...