Esta semana remataban ás clases e tocaba expoñer os proxectos realizados. Foi unha gran experiencia coñecer os proxectos dos compañeiros e compañeiras xa que houbo temas moi diversos e multitude de actividades realizadas. No meu grupo houbo os segiuintes proxectos:
- Unha secuencia didáctica con PDI para alumnado con Transtornos do Espectro Autista (TEA)
- Tres revistas dixitais sobre ás intelixencias múltiples, os hábitos de vida saudables e a educación física.
- Un ebook sobre ás Ciencias Naturais.
Penso que todos son interesantes e viables para aplicar na práctica docente. Tamén quería destacar o dominio demostrado polos compañeir@s das diferentes ferramentas e recursos empregados así como a súa creatividade plasmada nos contidos das actividades propostas e no deseño e apariencia das presentacións e dos propios proxectos.
Noraboa a tod@s! Seguro que os profesores saberán valorar o esforzo e bo facer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario