sábado, 28 de abril de 2018

ACTIVIDADE MULTIMEDIA CON MINDMEISTER: MAPA CONCEPTUAL

Hoxe preséntovos a última actividade multimedia das que integran o meu proxecto, trátase dun mapa conceptual creado con Mindmeister. Mindmeister é unha ferramenta para xenerar mapas mentais en liña que permite capturar, desenvolver e compartir ideas de forma visual. O contido escollido é un dos temas transversais que me faltaban por abordar, o emprendemento e a iniciativa empresarial. O mapa está organizado de xeito que sirva como guía para presentar o concepto de emprendemento e que o profesor poida explicar a súa definición, os pasos a seguir para emprender, conceptos relacionados co emprendemento e por último invitar aos alumnos e alumnas a deseñar a súa propia idea ou proxecto emprendedor.

Aquí tendes a ligazón ao Mapa Conceptual "Emprender"



Mindmeister resultoume sinxelo de manexar, cunha estética bonita e limpa e con boas opcións de traballo. A única obxección é que a versión gratuita "Basic" non permite utilizar tódalas funcionalidades. Por un lado permitiume insertar un video pero pola contra non me deixou integrar imaxes dende o meu equipo. Destacaría a posibilidade de realizar unha presentación coa que ir expoñendo o mapa.

De tódolos xeitos penso que o resultado final non está mal. Como aplicación didáctica trala presentación do mapa plantexase que os alumnos pensen e deseñen un proxecto emprendedor que lles gustaría poñer en marcha. Para recoller os datos coas características do seu proxecto entregaríamoslle unha ficha coma esta.


Ben pois na seguinte entrada presentarei por fín a edición en formato de xornal dixital de O Xornal Transversal, no que se recollerán todalas actividades realizadas e novas relacionadas coa temática das mesmas. Ata pronto!

1 comentario:

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar

DESPEDIDA E REFLEXIÓN FINAL

Ben pois ata aquí chegou a andaina deste proxecto así que toca despedirse. O tempo pasou voando e a actividade foi frenética, case non me c...