jueves, 10 de mayo de 2018

XORNAL ESCOLAR DIXITAL

Hola amig@s!

Despois de unhas semanas de intenso traballo, hoxe por fin vos traio o resultado final do proxecto de O Xornal Transversal. A ferramenta que elexín finalmente para a elaboración do xornal dixital foi MadMagz. Non me resultou fácil atopar unha ferramenta que se adaptase ó que pretendia facer e que o mesmo tempo fose sinxela de manexar, tampouco dipoñía de moito tempo para aprender a manexar outras ferramenta máis complexas así que esta resultoume ideal. Estou moi satisfeito co resultado final, a continuación vou explicar un pouco a estructura e contido do xornal para que o comprendades mellor cando o leades.

Pero antes teño que decir que o xornal está realizado coa versión gratuita polo que as ligazóns incluidas no xornal (que son bastantes) non están activas, para elo sería preciso pagar para activar a versión Premium. Quería aclaralo e que saibades que xornal contén ligazóns para a realización de tódalas actividades, para ler as noticias completas ou para ampliar informacións pero que non están activas.

Ben, dito esto, expoñovos a estructura e contidos do xornal:
- Portada.
- Sumario.
- Póster dixital.
- Actividades de introducción en relación á actividade xornalística.
- Novas e actividades sobre diferentes temas transversais.
- Contraportada: Última actividade realizada, un mapa mental.

Con esa estructura recóllense os seguintes contidos:
1. Actividades multimedia realizadas durante o curso:
- Póster dixital.
- Actividades audiovisuais: Videoquiz eVoki.
- Caza do Tesouro: Con Google Sites
- Actividades multimedia interactivas: Educaplay, Hotpotatoes e Edilim
- Mapa Mental: Con Mindmeister
2. Novas de medios de comunicación dixitais relacionadas coas actividades realizadas sobre temas transversais.
3. Os temas transversais tratados son: Diversidade, violencia, medio ambiente, seguridade vial, riscos TIC, igualdade e emprendemento.

Pois aquí o tendes, espero que vos guste. Nas seguintes entradas subirei un documento co informe final do proxecto e a presentación elaborada para expoñelo na aula. Ata pronto!


A mag created with Madmagz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DESPEDIDA E REFLEXIÓN FINAL

Ben pois ata aquí chegou a andaina deste proxecto así que toca despedirse. O tempo pasou voando e a actividade foi frenética, case non me c...