Xa fai unhas semanas que comecei a realizar ás actividades propostas polos profesores. En vindeiras entradas irei informado das actividades realizadas e que servirán dun xeito ou outro para a realización do proxecto final do Xornal Transversal. Pero antes diso quería comentar a revisión inicial sobre a documentación de consulta que nos proporcionaron os profesores. Como xa elexira o proxecto a realizar centreime na carpeta "Periódico Digital" que contén un total de oito enlaces de axuda.
O primeiro é un blog no que se explican cinco ferramentas para a creación de xornais ou revistas dixitais. Das cinco eu soamente coñecía dúas delas, Calameo e Issuu, pero a única coa que traballei foi Issuu. De Issuu podería decir que me gustou pero quizais non sexa o formato máis atractivo para utilizar na escola, polo que vou a explorar máis en profundidade o resto.
Hai máis enlaces sobre como facer un xornal escolar, programas de maquetación... pero o que me pareceu máis interesante son os artigos para o profesorado que contén o portal de educación da Junta de Castilla y León, asi que anímovos a que os consultedes.
E para os alumn@s que queiran participar nun proxecto de xornal escolar recomendaríalle a páxina sobre a prensa do Ministerio de Educación.
Na seguite entrada do blog falareivos da procura de recursos dixitais que realicei en relación o proxecto do xornal transversal e da analise que realicei de catro en concreto. Ata pronto! O Xornal Transversal esta en marcha!


No hay comentarios:
Publicar un comentario