miércoles, 28 de febrero de 2018

O XORNAL TRANSVERSAL BOTA A ANDAR

Hola, benvidos ao novo blog "O Xornal Transversal"!

Neste blog pretendo traballar os elementos transversais na educación primaria a partir de novas recopiladas de diferentes xornais ou medios de comunicación. Tratarei de centrarme sobre todo nun dos elementos transversais do curriculo que seleccionarei proximamente. Escollín este tema por varios motivos que vos vou explicar. En primeiro lugar, porque acabo de rematar as prácticas nun centro no que o tutor co que estiven traballaba tódalas semanas con un xornal e descubrín moitas posibilidades para realizar actividades de diferentes áreas. Penso que é unha ferramenta moi útil. En segundo lugar porque sempre me gustou o xornalismo e penso que ás novas son unha gran ferramenta para traballar temas transversais e a educación en valores. Outro das razóns é que considero que pode ser unha actividade motivadora para o alumnado xa que se traballa en relación a cuestións reais e de actualidade.

Espero que con este proxecto que imos a desenvolver a través das prácticas da materia de Novas Tecnoloxias coñeza moitas ferramentas educativas que sexan de utilidade na futura labor docente. A miña primeira impresión sobre as prácticas foi un pouco abrumadora xa que a información proporcionada é ampla e me pareceu que o volume de traballo a realizar era grande. Supoño que esto sería debido a que non puiden asistir a clase o primeiro mes por estar realizando ao Practicum. Agora xa teño todo un pouco máis claro e penso que podrei poñerme ao día nun para de semanas coa axuda dos profesores.

Comezamos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DESPEDIDA E REFLEXIÓN FINAL

Ben pois ata aquí chegou a andaina deste proxecto así que toca despedirse. O tempo pasou voando e a actividade foi frenética, case non me c...