Ben pois ata aquí chegou a andaina deste proxecto así que toca despedirse. O tempo pasou voando e a actividade foi frenética, case non me creo todo o que fixemos nesta materia durante un cuatrimestre.
A miña incorporación tardía ás clases fixo que tivera que pisar o acelerador e cando me conseguía poñer ao día xa tiñamos enriba novas actividades así que non se podía parar. Aínda que desde un principio tiven claro o proxecto que quería levar a cabo non tiña tan claro como facelo e se me saíria ben pero pouco a pouco foi collendo forma e cun sprint final conseguín elaborar un xornal dixital que ata a min mesmo me sorprendeu polo que estou moi contento e satisfeito co resultado.
A experiencia foi moi positiva porqué me permitiu coñecer multitude de recursos educativos e mellorar no meu dominio con diferentes ferramentas TIC como o propio blog e os recursos utilizados. Ao mesmo tempo resultoume díficil manexar a gran cantidade de contidos e informacións facilitados polos mestres, gustaríame poder afrontalo con máis calma para explorar tódalas posibilidades e non tan á presa como tivemos que facer.
Como futuro docente penso que será imprescindible manterse ao día coas Tecnoloxías da Información e a Comunicación xa que os avances neste senso dánse a unha gran velocidade e os profesores non podemos ir a remolque ou por detrás dos propios alumn@s.
Por último agradecer o apoio recibido tanto dos mestres como dos compañeir@s e espero que vos gustara o traballo realizado e que vos servira para ter novas ideas para a práctica docente.
Un saúdo e ata outra!


